top of page
Presentación do proxecto KA2 TUNE


Os pasados 17 e 18 de febreiro, tivo lugar en Rauland (Noruega) un encontro de representantes das institucións participantes no TUNE, co inicio das actividades presenciais. O TUNE é un proxecto financiado dentro do programa Erasmus+, accións K2, que terá unha duración de tres cursos académicos, rematando en setembro de 2024, e no que participan cinco institucións superiores de ensino de música tradicional (Conservatorios e Universidades) de diferentes países de Europa:

  • UNIVERSITETET I SOROSTNORGE, Rawland, Noruega (centro coordinador).

  • CONSERVATORIO SUPERIOR DE VIGO, Vigo, España.

  • PANEPISTIMIO IOANNINON, Arta, Grecia.

  • PÔLE ALIÉNOR, Potiers, Francia.

  • TARTU ULIKOOL, Viljandi, Estonia.
     

TUNE está encamiñado a falicitar o intercambio de coñecemento no campo da música e da cultura tradicionais destes diferentes lugares, e para elo, prevé unha serie de actuacións tales como: formación presencial e on-line para alumnado e profesorado participante, e-learning, webinars, relatorios on-line (Platform for e-learning); e outras accións que se irán dando a coñecer a medida que se vaian desenvolvendo.

Destacan especialmente entre estas actividades os encontros que baixo o formato de Encontros Intensivos (Intensive Weeks), terán lugar rotatoriamente en cada unha das ciudades participantes.  O primeiro deles será en Ioannina (Grecia) entre o 30 de maio e o 5 de xuño deste ano 2022, ao que seguirá o encontro en Viljandi (Estonia) no mes de outubro. Para o ano que ven están previstos os de Rauland (Noruega) en febreiro, e o de Vigo en setembro de 2023; rematando na primavera de 2024 co encontro en Poitiers (Francia). Nestes encontros reuniranse ao redor de unha trintena de estudantes e docentes de música tradicional dos cinco países para intercambiar coñecementos, aprender estilos e repertorios das diferentes tradicións e realizar concertos nos que se mostre ao público os resultados de TUNE. Ademais, prevense actividades de difusión en colaboración con outras centros de ensino e colectivos culturais vencellados á música tradicional no entorno de celebración de cada encontro, que no noso caso será a cidade de Vigo e a súa comarca, para o que se están a recabar as colaboracións e apoios institucionais correspondentes. A expedición viguesa a Ioannina está xa a traballar neste primeiro encontro internacional de estudantes e docentes, que como dicimos terá lugar nos últimos días do próximo mes de maio.

Xunto con estes encontros vaise deseñar un Módulo Académico Conxunto (Joint Module), a modo de materia que cursarían en común os estudantes de música tradicional destes cinco centros como parte do seu currículo académico, e que permitiría que máis alá dos encontros intensivos, estes estudantes integren a experiencia multicultural a través da música, creándose así unha rede internacional estable de interpretación e investigación no eido da música tradicional, que pretende ser unha iniciativa pioneira en Europa. Precisamente en razón de este carácter innovador, TUNE conta tamén co apoio e presenza nas súas actividades da ASSOCIATION EUROPEENNE DES CONSERVATOIRES, ACADEMIES DE MUSIQUE ET MUSIKHAOCHSCHULEN AISBL (AEC), con sede en Bruselas, Bélxica, que estivo representada no encontro de Rauland do mes de febreiro polo seu presidente executivo, Stefan Gies.

 

Galería de imaxes

Acceso ao Facebook do TUNE
Acceso ao Instagram de TUNE
bottom of page