top of page

SAXORNADAS26 -TRAAF HEKKEMA

SAXORNADAS26


RAAF HEKKEMA REAL CONSERVATORIO DA HAIA & CALEFAX


  • CLASES MAXISTRAIS E RELATORIO: 2 E 3 DE MARZO DE 2026, 9:30-13:30

  • RECITAL: LUNS 2 DE MARZO, 20:00 , AUDITORIO MARTIN CODAX, CSMVIGO con músicas para saxofón a solo de Bach, Couperin, Debussy y Karg-Elert



Raaf Hekkema é un saxofonista galardoado en múltiples ocasións, coñecido

polo seu espírito aventureiro e pola súa versatilidade musical. Interpreta desde

o concerto para violín de Paganini ata obras complexas de Conlon Nancarrow, e

ofrece arredor de 100 concertos anuais en todo o mundo, principalmente con

arranxos propios. Actuou como solista con numerosas orquestras e impartiu

clases maxistrais internacionais.

O seu disco Paganini Caprices for Saxophone (2006) valeulle o premio Echo

Klassik como Instrumentista do Ano. Tamén publicou varios álbums dedicados

a Bach con Challenge Classics e formouse con especialistas en música antiga.

En 2020 foi admitido na Sociedade das Artes da Real Academia Neerlandesa de

Artes e Ciencias.

É cofundador do Calefax Reed Quintet, grupo para o que compuxo e realizou

centos de arranxos. O conxunto interpreta repertorio que abrangue nove

séculos e actúa en escenarios destacados de todo o mundo, ademais de contar

con máis de 20 gravacións e numerosos premios.

Hekkema é profesor de saxofón clásico no Royal Conservatoire The Hague.

Raaf Hekkema visitará o Conservatorio Superior de Vigo como profesor invitado

Erasmus, ofertando clases maxistrais para os alumnos os días 2 e 3 de marzo,

un relatorio sobre o seu desempeño en diferentes ámbitos e un recital con

obras de Bach, Couperin, Debussy ou Kart-Elert o 2 de marzo ás 20h no

Auditorio Martin Codax do CSMVigo.

 
 
bottom of page