top of page

Sabrina Zelic (piano) & Sasa Nestorovic (saxofón)

Updated: Apr 17

Do 22 a 25 de Abril (Saxonardas)

Concerto: 22.04 ás 20:00 - Auditorio CSMVigo


ree


ree

Saša Nestorović naceu en 1964 en Zagreb. Graduouse na Academia de Música da súa cidade natal en 1989.

Gañou numerosos premios como «Darko Lukić», «Milka Trnina» (que comparte co Cuarteto de Saxofóns de Zagreb), «Judita» e outros. Dende 1989 forma parte do Cuarteto de Saxofóns de Zagreb co que actúa por toda Europa e Estados Unidos. En 1999, actuou por primeira vez como parte de ACEZANTEZ, un conxunto de música contemporánea, do que segue sendo membro na actualidade.

En 1999 foi recoñecido pola Unión Musical Croata como o saxofonista tenor e soprano máis destacado ao participar na Big Band da Unión Europea de Radio (EBU BIG BAND) en Montreal, representando á República de Croacia. Forma parte de numerosos grupos de jazz croatas (Big Band HRT, Zagreb Jazz Portrait, Cool Date, etc.). Nestorović é profesor titular na Academia de Música de Zagreb.





ree

Sabrina Zelić graduouse na Academia de Música de Zagreb coa destacada pianista Pavica Gvozdić en 1990. Os numerosos premios e recoñecementos permitíronlle obter unha beca para estudar no Conservatorio Estatal de Moscú P.I. Tchaikovsky durante o curso 1991/92 cos profesores Sr. Mirvis e I. Plotnikova. Neste mesmo centro, en 1996, completa os estudos de postgrado na clase do pianista ruso Nikolaj Petrov, quen a describe como “músico de calidade cun bo sentido da forma e o son”. Paralelamente asiste a cursos con Evgenij Timakin, Rudolf Kehrer , Arbo Valdma, Alexander Satz e Elizabeta Ginzburg.

Zelić presentou recitais en Croacia, Italia, Austria, Alemaña, España, Rusia, Tatarstán, Eslovenia, Serbia, Macedonia e Bosnia Herzegovina. Como solista, actuou coa Filharmónica de Sarajevo e colaborou coa Filharmónica de Zagreb.

Forma parte do dúo Sabrina Zelić - Rustem Kudoyarov, con actuacións de música de cámara contemporánea rusa e croata e concertos con orquestra (interpretación de concertos de Bach e Mozart para dous pianos con orquestra en la Sala Rachmaninov de Moscú).

Foi invitada aos festivais Días Europeos da Música en Munich, Verano de Ohrid, Inverno de Sarajevo, Días da Cultura de Outubro, Festival de Música Contemporánea Europa-Asia en Tatarstán, Festival Internacional de Música de Cámara Velada Musical de Lubenica, Festival Internacional de Música de Cámara de Vukovar.

Gravou para Radiotelevisión Croata, Radiotelevisión de Moscú, Bryansk, Detmold, Florencia, Udine, Sarajevo, Pristina, Belgrado, Mostar, Skopje. O Ministerio de Cultura de la República de Polonia concedeulle a Orde ao Mérito da Cultura Polaca en 2010. Desenvolve a escola rusa de piano e a literatura pedagóxica relacionada con publicacións na revista de pedagogos croatas de música e danza Tonovi: S. Ajzenštat: Čajkovski, álbum Dječji, Tonovi, nº 61. Onde en 2021 publicouse a súa tradución do libro A. Majkapara: Dvoglasne invencije J.S.Bach. Na actualidade é profesora na Academia de Música da Universidade de Zagreb.

Comentários


bottom of page