top of page
Buscar

European Clarinet Congress - Tilburg




A cidade de Tilburg alberga na Academia das Artes Fontys o Congreso europeo de clarinete desde o 4 ao 10 de decembro de 2023. O CSMVigo participa enviando a once estudantes e a Esteban Valverde como profesor, nun evento que vai reunir máis de 100 clarinetistas mozos de once países europeos.

A experiencia englóbase no proxecto BIP (Blended Intensive Programme) dentro de Erasmus+ e realiza unha proposta con máis de 300 masterclasses, varias competicións, catro galas de concerto e exhibicións. Os obxectivos son apoiar aos estudantes ampliando a súa perspectiva artística en relación co clarinete e axudarlles a construír a súa propia rede internacional.

Organiza:

  • Bachelor Music and Performing Arts

  • Master of Music of Fontys Academy of the Arts



Web

Facebook




48 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page